aqueladas
cooperativa de produción audiovisual
Que nos diferencia?
Se andas na procura dun enfoque diferente para levar a cabo o teu proxecto, chegaches ao sitio axeitado. Desde aqueladas apoiámonos nas metodoloxías de innovación e no transmedia para realizar o que tes na cachola!
Transmedia
Sempre procuramos ir un paso máis alá e construír propostas que se espallen por varios soportes
Linguaxe dixital
Medramos inmersas no mundo dixital valorando as inmensas posibilidades que ofrece
Compromiso
Sen medo aos grandes retos, afrontamos os proxectos con implicación e responsabilidade
Paixón
Pódense contar as cousas doutro xeito, con honestidade e de formas non convencionais. E nós facémolo con toda a ilusión de comezar unha nova viaxe
Non só audiovisual
En aqueladas non cremos nas portas fechadas. Non nos gustan os marcos. Queremos construír relatos que circulen por varios soportes, sen limitar a imaxinación. Na vida non hai unha soa dimensión, e no audiovisual tampouco. Nos nosos proxectos transmedia a audiencia xoga un rol activo.
workflow aquelado
Como aqueloutramos
Abordamos cada proxecto de maneira única, tendo en conta as súas particularidades