aqueladas
adx. Disposta, dise da persoa que fai as cousas ben.
✦ Filosofía
Cando todo encaixa
Audiovisual
O noso foco principal é xerar contido audiovisual, tanto propio como para outras empresas, institucións e entidades. Producimos ficción, documental, publicidade, videoclips e o que nos boten, con especial atención aos contidos interactivos e transmedia (xa sabes, a nosa teima). Facémolo con moito agarimo e procurando sempre comunicar da forma máis honesta e efectiva.
Dixital e gráfico
Tamén realizamos labores de deseño e creación a nivel dixital, desde páxinas web ata aplicacións transmedia para diferentes proxectos. Igualmente, ofrecemos servizos gráficos de identidade corporativa, cartelería ou motion graphics.
Formación
Outro dos nosos focos é transmitir todo aquilo que aprendemos polo camiño. Traballamos fundamentalmente en formación do profesorado e ciclos de FP, así como impartindo algunhas formacións específicas en cursos de especialización.
Comunicación e cultura
Temos experiencia na comunicación de proxectos culturais propios e alleos, como a Selic ou Culturgal, tanto na xestión de prensa como de web e redes sociais.
✦ Os nosos servizos
Cando todo encaixa
O transmedia é un crebacabezas de relatos que se espallan por varias plataformas. Pero para que funcione, sabemos que temos que manexar distintos medios, polo que estes son os eidos nos que traballamos as aqueladas de xeito activo
- Guión e desenvolvemento
- Produción audiovisual
- Edición de vídeo
- Posprodución e FX
- Comunicación
- Deseño gráfico
- UX/UI
- Deseño web
- Música / BSO
- Formación
✦ Quen somos?
Aqueladas somos Irene Pin (directora, guionista e montadora) e Iria Iglesias (música, deseñadora e UX/UI). Desde a universidade, interésannos os relatos non lineais, que circulen por varios soportes, coa teima de que a audiencia xogue un rol máis activo. En 2021 fundamos a cooperativa Aqueladas para dar saída ás nosas inquietudes, coa idea de crear contidos audiovisuais interactivos e transmedia en galego. Destacan entre os nosos proxectos a pioneira serie interactiva Amnesia 3.0, cunha ampla difusión e diferentes recoñecementos, e Rent-a-pal, producida para a agalega.gal.
