Skip links

Vanessa Dorrei como 265-C da webserie Amnesia 3.0

Amnesia 3.0

a serie a serie

Guión
Dirección
Produción
VFX e música
Interactividade

Nominada aos Premios Mestre Mateo a mellor webserie

É a primeira serie interactiva de ciencia ficción en galego, escrita e dirixida por Irene Pin, premio á produción de proxecto no Festival Carballo Interplay 2019 e finalista ao Mestre Mateo á Mellor Serie Web 2020

Amnesia 3.0 é un thriller de ciencia ficción sobre a premisa básica dun mundo no que a xente non recorda. Se a primeira temporada nos introduciu nun universo distópico sen memoria, con todas as consecuencias, esta segunda achega pretende afondar nas dinámicas que levaron a esta situación.

Fiz, 265-C e Lía personaxes da webserie Amnesia 3.0

A historia

A primeira temporada de Amnesia 3.0 foi financiada co premio a proxecto do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, onde se estreou en 2020 como a primeira webserie interactiva en lingua galega, un fito dentro da nosa ficción dixital. Producíronse tres capítulos de duración variable segundo as opcións escollidas pola persoa espectadora, que oscilan entre os 8 e os 10 minutos.

A historia achegábase a 265-C, unha moza que se ergue cada mañá para seguir o seu plan de actividades, sen recordar o que aconteceu onte. Até que un día Fiz e Lía entran na súa vida para estourar o seu mundo, tratando cunha tecnoloxía arcaica de facerlle lembrar. Ao tempo, as súas accións son perseguidas por un anónimo inspector do Departamento de Seguridade Global.

Sara Ferro e Dani Celester actuando na webserie Amnesia 3.0
Monti Castiñeiras como inspector aplicándolle un borrado de memoria a Sara Ferro, Lía na webserie Amnesia 3.0
Explora
Arrastra