Skip links
Audiovisual interactivo

Antes de maio

Antes de maio, foi marzo. Esta novela visual revisita as mobilizacións estudantís de marzo do 68 en Compostela, mesturando ficción e documental. O público métese na pel de María, unha estudante de primeiro, e vai tomando decisións que condicionan o desenvolvemento do relato: como implicarse nas protestas, que riscos asumir, con quen aliarse. Cada elección abre camiños narrativos diferentes con distintos finais posibles.

A narración ofrece unha visión centrada na perspectiva das mulleres da época, e incorpora testemuños reais de Camiño Noia, Carme Ríos, Manuela Corral, Elena López, Carlos Campoy e as irmás Susana e Marisol López Facal.

O proxecto foi premiado no I Certame de Proxectos Culturais Singulares para a Mellora Social da Deputación da Coruña, e conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela. Como resultado del, produciuse unha experiencia completa cun paseo guiado por Maos Innovación Social.

Producido por

Aqueladas

Ano

2026

Co apoio de
Deputación da Coruña
Concello de Santiago
Equipo
Interactividade e deseño de personaxes: Iria Iglesias
Deseño de fondos: Álex Rozados
Guión: Irene Pin
Documentación: Maos Innovación Social
Reparto: Iria Sobrado, Atenea García, Carlota Mosquera, Ánxela Ríos, Daniel Otero, Diego Salgado, Rober Fernández, Víctor Castro
Explore
Drag