Animación
Elowa
Treca é o mundo onde nacen as almas, que deberán percorrer o camiño para conseguir un corazón e transformarse en humanos. Izan, un alma distraída e diferente, pérdese en Matemania ao comezar a súa viaxe. Lisa, outra alma valente e decidida, chega para axudalo a recordar o seu obxectivo e percorrer xuntos o camiño.
Durante a súa viaxe, deberán superar distintas probas que lles permitirán recoñecer algunhas das emocións básicas (medo, tristeza, alegría) e enfrontar as súas propias sombras, aprendendo e atrevéndose a sentir para completar o seu corazón e transformarse en humanos.
Elowa é unha serie infantil, creada por e para persoas autistas, e pensada principalmente como axuda para aprender a recoñecer, nomear e diferenciar as distintas emocións a través dunha historia chea de fantasía e respeto polo diferente.
Producido para
Televisión de Galicia
Ano
2026
Formato
Serie infantil
Duración
6 x 3 minutos
Dirección: Iria Iglesias e Aida Trazos
Ilustración fondos: Gloria Gómez
Ilustración personaxes: Sandra Moares
