Skip links

Ensinar en vídeo

Ensinar en vídeo

Ensinar en vídeo, o audiovisual como ferramenta educativa é un curso de 40 horas que pretenede trasladar ao profesorado de diferente niveis formativos as competencias básicas, conceptuais e prácticas, para traballar contidos nas aulas a través do audiovisual, unha linguaxe predominante e que posúe unha enorme potencialidade para conectar coas xeracións máis novas.

Para quen?

Profesorado

Duración

40h

Que contén o curso?

É un programa que combina un coñecemento teórico da linguaxe e os procesos produtivos do audiovisual con nocións prácticas que permiten adquirir os coñecementos básicos para a realización e montaxe de vídeos, sempre con soft ware libre. Ao tempo, ofrécense as chaves para contemplar a disciplina audiovisual, que atinxe campos tan diversos como a física ou a arte, como un medio para desenvolver e mellorar as capacidades de traballo en equipo, a iniciativa e o pensamento crítico.

Nacemento do audiovisual. Da foto fixa á imaxe en movemento. A ilusión do movemento. Persistencia retiniana.

Argumento, sinopse, escaleta, tratamento e guión. Como organizar a información a trasladar ao alumnado antes de comezar a gravar.

Nocións básicas de linguaxe audiovisual. Escala de planos. Angulación da toma e da cámara. Subxectividade e expresividade. O encadre. Sección áurea e regra dos terzos. Equilibrios, aire e outros recursos. Movementos de cámara. O eixe. Planificación e montaxe en 180º. Raccord.

Distancia focal e ángulo visual. Angulares e teleobxectivos. Foco e profundidade de campo. Parámetros básicos: exposición, diafragma e obturador. A imaxe é luz. ISO e sensibilidade da película. Temperatura de cor e balance de brancos. Percepción, connotacións culturais e simboloxía das cores. Composición cromática.

Percepción da sonoridade. Nocións básicas. Usos creativos do son e da música. Microfonía básica. Sensibilidade, ruído e impedancia. A gravación de son.

Rodaxe, edición e posprodución. Ferramentas gratuitas e de uso sinxelo para o profesorado. Montaxe. Efecto Kulechov. Os valores do plano. Ténicas de continuidade. O concepto de ritmo. Tipos de transicións: corte, fundido, encadeado, cortinilla. Edición non lineal.

Aplicacións do audiovisual na aula. Recursos. Casos de éxito. Novos medios. Proposta de exercicio.

Explora
Arrastra