Audiovisual
Modo galego, actívao!
Creamos a identidade da campaña ‘Modo galego, actívao!’ para o Concello de Ames e a Real Academia Galega, un proxecto de normalización lingüística no que participan todos os centros públicos de infantil e primaria do concello, co reto de pasarse ao galego durante tres semanas. A nosa proposta inclúe un vídeo promocional e un audiovisual interactivo que gravamos con alumnado e profesorado do CEIP de Ventín, para favorecer a reflexión sobre as escollas lingüísticas que se fan inconscientemente na vida cotiá.
Cliente
Real Academia Galega
Data
2023
