Skip links
Audiovisual

Morgana en Esmelle

Morgana chega á terra de Miranda para visitar a Merlín no seu retiro galego, chea de resentimento e culpa polo pasado. A través deste encontro, a medio irmá e amante do Rei Artur, descobre as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot, e as da súa propia condena a ollos do mundo.

Adaptación da obra homónima de Begoña Caamaño, na que a autora reescribía o mito do rei Artur cunha ollada contemporánea e feminista. A novela está contada desde múltiplas perspectivas, chegando só no derradeiro capítulo a mostrarnos a voz de Morgana. A serie dialoga coa obra orixinal cunha historia en primeira persoa, que se centra nos pensamentos da protagonista á súa chegada a Esmelle e no seu reencontro con Merlin e Xenebra.

Rompendo constantemente a cuarta parede para dirixirse ao espectador, Morgana preséntase como vítima dunha conxura urdida moito antes do seu nacemento. Aceda e descarada, contextualiza detalles dos feitos e mostra á audiencia unha cara que se afana en ocultar ao mundo.

Producido para

Televisión de Galicia

Ano

2026

Formato

Miniserie dramática

Duración

4 x 9 minutos

Equipo
Reparto: Isabel Naveira, Fernando Morán, Rosa Puga Davila, Xacobe Bruña, Andrea Varela
Guión e dirección: Irene Pin
Produción: Catuxa Prieto, Lara Caamaño
Dirección de fotografía: Pedro Galbán
Son directo: Xaquín Lema
Dirección de arte e músca: Iria Iglesias
Estilismo: Selperia
Colorista: Leticia T. Blanco
Posprodución de son: Juan Garrido
Explore
Drag