Skip links

Curtametraxe

Somos cárcere

Elba leva un tempo á deriva, deixándose arrastrar. Prometéranlle que a vida ía ser algo máis. Unha mañá érguese soa, espida, após rematar por enésima noite coa persoa equivocada. Cando quere marchar, descobre que Toni a deixou fechada por accidente. Mentres agarda nesa claustrofóbica soidade, coa gata Mei por única compaña, Elba terá que enfrontarse ás súas pantasmas. Porque o peor cárcere está na nosa mente.

As ruínas dunha relación son o punto de partida para explorar, desde a perspectiva feminina, as dúbidas e contradicións emocionais que supón o transo por outros afectos. Un tema urxente nesta sociedade de vínculos diluídos, que malia negociar constantemente os marcos, non reflexiona sobre as mudanzas que se están a producir.

Produtora

Aqueladas

Directora e guionista

Irene Pin

Data

Mar 2021

Social

Proxectos relacionados

This website uses cookies to improve your web experience.
Explora
Arrastra