que somos?
máis alá do aquel
Ser unha cooperativa permítenos traballar como máis nos gusta: todas a unha, tendo en conta tanto as metas personais das socias como as posibilidades que nos da aqueladas
xerar contido audiovisual, tanto propio como en colaboración con outras creadoras
Audiovisual
Tamén realizamos labores de deseño e creación a nivel dixital
Dixital e gráfico
Unha das nosas paixóns é compartir, e buscamos transmitir todo aquilo que imos descubrindo a través da formación
Formación
Tamén nos sentimos cómodas creando campañas e estratexias de comunicación para distintos clientes, sen perder a nosa identidade
Comunicación e cultura
que facemos?
cando todo encaixa
O transmedia é un crebacabezas de relatos que se espallan por varias plataformas, procurando un espectador activo, que participe do relato conscientemente. Pero para que funcione, sabemos que temos que manexar distintos medios de maneira activa. Estes son os eidos nos que traballamos as aqueladas de maneira activa:
- Guionización
- Produción audiovisual
- Edición de vídeo
- Posprodución e VFX
- Comunicación
- Xestión de redes
- Videoclips
- Transmedia storytelling
- Copywriting
- Deseño gráfico
- UX/UI
- Deseño web
- Motion graphics
- Música/BSO
Audiovisual
Falamos de audiovisual e pensamos en cine, series, televisión.. pero vai moito máis alá! O vídeo como ferramenta dótanos dun superpoder que queremos aproveitar para alcanzar os nosos obxectivos.
Transmedialidade
É unha palabra complexa de pronunciar ao principio, pero ábrenos as portas a múltiples universos conectados e a espallar as historias polo mundo como se merecen
Interactividade
Sabemos que observar unha obra de arte pode ser interesante, pero non o é máis poder tocala e vivila en primeira persoa? Cremos que dotar de interactividade aos nosos proxectos permite achegalos ao seu público e facelos partícipes da propia creación
e... como o facemos?
O proceso
descubrimento
Coñecernos e coñecerte
Cada proxecto é un mundo. Por iso, o primeiro de todo é coñecelo polo miúdo. Só así poderemos aquelalo con xeito
definición
Establecer metas e obxectivos
Unha vez temos a información precisa, definimos o proxecto, cos seus obxectivos e necesidades, tendo en conta o destinatario final
elaboración
Definir o camiño a seguir
Cando o reto está claro, é hora de comezar a buscar solucións, probando distintos camiños e achegas. Así atopamos o enfoque con máis tino
entrega
E desfrutar do resultado!
Nunca esquecemos que o paso final é o máis importante, cando recibimos o feedback para os axustes finais e a entrega do proxecto