Skip links

✦ Servizos personalizados

as nosas teimas

Nacemos cun anhelo: crear contidos interactivos e transmedia en galego. Mais… que quere dicir iso? Que facemos realmente?

Sempre pensamos en cine, series, televisión... pero hai moito máis! O vídeo é unha ferramenta fundamental en internet, e aí é onde nós traballamos para comunicar da maneira máis efectiva.

É un palabro difícil de pronunciar, pero que nos rodea na vida cotiá. Cada vez máis, as historias espállanse por diversos soportes, creando universos conectados. Eses son os relatos que nos interesan!

Queremos que a audiencia xogue un papel máis activo, adaptando as nosas historias ás linguaxes dixitais. Algúns dos nosos proxectos son pioneiros en incorporar as decisións do público na percepción da historia. Bota un ollo!

✦ Innovando

desenvolvemos proxectos

Non só argallamos as nosas historias. Se andas na procura dun enfoque diferente para o teu proxecto, estás no lugar indicado. As aqueladas axudámosche a realizar o que tes na cachola!

Audiovisual

Produción

Storytelling

Deseño

Webs

Redes sociais

✦ proxectos

que aquelamos?

Aquí podes ver o xeito que lle damos!

✦ o proceso

como aquelamos?

O de detrás das cámaras é importante, sobre todo para que o resultado final estea aliñado co que buscas 🙂

descubrimento

Cada proxecto é un mundo. Por iso, o primeiro de todo é coñecelo polo miúdo. Só así poderemos aquelalo con xeito.

definición

Unha vez temos toda a información, definimos o proxecto, os seus obxectivos e as súas necesidades, tendo sempre en conta o destinatario final.

elaboración

Este é o momento de buscarlle o xeito! Trazamos a estratexia ata dar co enfoque máis atinado e entón… toca poñerse mans ás cámaras.

entrega!

É moi importante o teu feedback durante o proceso e para os axustes finais. Non só para acabar de aquelalo, senón para mellorar en futuros traballos.

falamos?

Comparte as túas ideas con nós para construír entre todas 🙂

Explore
Drag